LÍDERES EN BIENESTAR

Nace AgroMentores, unha iniciativa para impulsar o factor humano nas empresas do sector

Líderes en Bienestar presentou en Vaca Pinta 27 'AgroMentores', unha sección gratuíta de apoio en liña para o equipo humano que está detrás do sector lácteo. Con ela quérese desvelar que hai detrás do mito dos labores de campo, así como exercer de mediador nos conflitos laborais e motivar ás persoas que traballan no rural.

A actividade que desenvolverá consistirá en:

  1. Debates comunitarios e en equipo para escoitar a experiencia vivida en primeira persoa por cada un dos involucrados e poder así promover a procura de solucións globais.
  2. Formación acorde coa demanda tras escoitar aos profesionais do sector.
  3. Divulgar e concienciar sobre a implicación dos traballos de campo, contribuíndo con consellos ao incremento da produtividade laboral dos equipos de traballo.
  4. Consultoría personalizada e gratuíta, por medio desta sección onlineen Vaca Pinta (30 minutos/persoa), para cubrir as necesidades individuais e impulsar os procesos de desenvolvemento profesional por diferentes vías: motivación de persoas e liderado, mediación en conflitos laborais e resolución de problemas, xestión do tempo e coordinación de equipos, capacitación en técnicas de comunicación e mellora continua de procesos e selección e recrutamento de persoal en base a algoritmos de produtividade.