LÍDERES EN BENESTAR

AgroMentores: impulsamos o factor humano

04/10/2021

Que é a sección de AgroMentores?

A plataforma Líderes en Benestar intégrase en Vaca Pinta como unha sección gratuíta de apoio en liña para o equipo humano detrás do sector lácteo.

Ademais, conseguindo unha participación activa de todos nós, poderemos organizar debates, formacións, así como material para divulgación e concienciación para chegar ao resto da poboación e cumprir a nosa misión, revalorizar o sector.

Convidámoste a achegar valor por medio desta sección, ben enviando suxestións propias ou reflexións en base aos temas que iremos propoñendo en cada entrega de Vaca Pinta.

A quen está dirixido?

A calquera persoa involucrada en labores de campo: ganderías, cooperativas, servizos técnicos, veterinarios, etc. Os protagonistas somos todos nós, o motor de cada unha das empresas que compoñen o sector.

Cal é o obxectivo?

Potenciar o valor individual de cada persoa para, en conxunto, contribuír na revalorización do sector agro-gandeiro.

Que beneficios podes obter?

Desenvolver o teu benestar persoal para influír positivamente no teu rendemento laboral. Un equipo humano ben xestionado garante o éxito dunha empresa.

Como o facemos?

Axudamos a priorizar a toma de decisións e impulsar os procesos de desenvolvemento profesional. Asesoramos e mediamos nas accións que requiren unha mellora da produtividade laboral.

Entre as nosas áreas de traballo atópanse:

  • Motivación de persoas e liderado
  • Mediación de conflitos laborais e resolución de problemas
  • Xestión do tempo e coordinación de equipos
  • Capacitación en técnicas de comunicación e mellora continua de procesos
  • Selección e recrutamento de persoal en base a algoritmos de produtividade
Queres identificar os puntos clave que están a limitando a túa produtividade? Conecta en liña coa plataforma de Líderes en Benestar. Reserva unha sesión de 30 minutos con Yolanda Trillo: info@lideresenbienestar.com | 622928220