Lugo acollerá por segunda vez o Concurso Autonómico de Gando Frisón de Galicia

Lugo acollerá por segunda vez o Concurso Autonómico de Gando Frisón de Galicia

A localidade lucense de Muimenta, no concello de Cospeito, acollerá no 2026 a 34.ª edición do Concurso Autonómico de Gando Frisón. A xunta directiva da Federación Frisona Galega (Fefriga) decidiu, por segunda vez, desenvolver o certame na provincia de Lugo.

O título de vaca gran campioa galega xulgarase en paralelo á 42.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que se celebrará a segunda fin de semana de abril de 2026 (10, 11 e 12).

O concurso xa se desenvolvera en Muimenta no 2022, con vitoria para Rey 814 Beemer Yuri, da gandería Rey de Miñotelo, da Pastoriza (Lugo).

A actual campioa galega é Pozosaa Krusader 9450 Xela, da gandería Casa Pozo (Lugo), galardón que recibiu na última edición de Gandagro.