O índice de prezos dos produtos lácteos rexistrou un forte avance do 5,7 % na primeira poxa de Fonterra de marzo. Con este repunte, o prezo medio situouse en 4.301 $/tonelada.
A maioría dos produtos anotaron subidas destacadas. O leite desnatado en po liderou os incrementos, cun alza do 9,1 %, ata os 3.243 $/tonelada. Tamén repuntou con forza a mozzarella (+7,9 %), que alcanzou os 4.189 $/tonelada, e a manteiga (+6,1 %), que se elevou a 6.728 $/tonelada.
Pola súa parte, o leite enteiro en po subiu un 4,5 %, e quedouse en 3.863 $/tonelada, mentres ca o cheddar avanzou un 4,3 %, ata os 4.920 $/tonelada.