Sobe o valor do queixo la poxa de Fonterra

Na poxa de Fonterra celebrada onte, o valor dos produtos lácteos viuse empuxado á baixa debido á reducción do prezo do leite enteiro en po, que descendeu ata os 3.417 $/t (-3,5 %). Deste xeito, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos pechou a xornada en 3.768 $/tonelada (dato similar ao rexistrado a mediados de agosto de 2021), un 2,9 % menos que na primeira poxa do mes. 

No entanto, foron positivos os datos dos demais produtos principais. O queixo situouse por riba dos 5.000 $/t (5.005 $/t, concretamente) tras un incremento do seu prezo do 4,2 %, o leite desnatado en po subiu un 0,1 %, ata os 3.524 $/t e a manteiga mellorou o seu valor un 0,2 % e rematou o día cun prezo de 5.204 $/t.