Para o descenso dos prezos do leite en Holanda

A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, anuncia que mantén os mesmos prezos en xuño con respecto ao mes de maio; por tanto, garante un prezo do leite de 43,25 euros por 100 kg. Así, paralízase a baixada dos custos do leite no país. 

O prezo garantido aplícase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVE. As cantidades indicadas aplícanse a unha subministración media de 925.000 kg de leite anuais.

Este mes o valor da proteína é de 660,64 euros e o da graxa, de 440,43 euros por 100 quilogramos.