Repunte no prezo medio do leite en España no mes de outubro

Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru a Primeiros Compradores que publica de forma mensual a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, reflexa un cambio de tendencia á alza en outubro en comparación ao mes de setembro e rexistra un prezo medio de 0,517 €/litro en España. 

En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido no país tamén aumenta. No mes de setembro declaráronse 579.193 toneladas e, en outubro, rexistráronse 590.963 toneladas. 

As comunidades autónomas co prezo máis alto son Canarias (0,631 €/litro), Comunidade Valenciana (0,548 €/litro), Castela e León (0,544 €/litro) e Andalucía (0,538 €/litro). Baleares (0,497 €/litro), Galicia (0,491 €/litro) e Madrid e Navarra (0,521 €/litro) anotan as medias máis baixas.