O prezo medio do leite en España mantense en xaneiro nos 0,54 €/litro

O prezo medio do leite en España mantense en xaneiro nos 0,54 €/litro

A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, acaba de publicar o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Crú aos Primeiros Compradores correspondente a xaneiro. No documento reflíctese un prezo medio do leite en España de 0,541 €/litro no primeiro mes do ano.

O valor mantense en cifras similares as dos dous últimos meses (0,542 €/litro) e é superior ao rexistrado en xaneiro de 2025 (0,495 €/litro)

En canto ao volume de produción mensual, o informe amosa unha suba con respecto ao mesmo período do ano anterior. Mentres en xaneiro de 2025 se declararon 625.813 toneladas de leite, en xaneiro de 2026 a cifra situouse en 634.720 toneladas.

Pola súa parte, as comunidades autónomas que rexistraron o prezo máis alto en xaneiro foron Canarias (0,638 €/litro), País Vasco (0,587 €/litro) e Comunidade Valenciana (0,574 €/litro). Pola contra, os valores máis baixos corresponden a Extremadura (0,530 €/litro), Galicia (0,529 €/litro) e Illas Baleares (0,476 €/litro).