Novembro confirma a tendencia á alza do prezo do leite en España con descenso da produción

Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica de forma mensual a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, confirma un mes máis a tendencia á alza do prezo do leite en España e no pasado novembro rexistra un prezo medio de 0,522 €/litro. 

Cabe destacar tamén o descenso importante do volume de produción mensual, a cifra de leite cru producida no país reduciuse a 575.141 toneladas, mentres que en outubro declaráronse 591.142 toneladas. 

Por unha banda, as comunidades autónomas que alcanzaron o prezo máis alto en novembro foron Canarias (0,628 €/litro), Cataluña (0,566 €/litro), Comunidade Valenciana (0,559 €/litro) e Andalucía e Castela e León (0,543 €/litro). Por outro, Galicia (0,492 €/litro), Baleares (0,502 €litro) e A Rioxa e Navarra (0,525 €/litro) quedaron coas medias máis baixas.