Os valores dos lácteos seguen altos na penúltima poxa do ano en Fonterra

A primeira poxa de decembro en Fonterra rexistrou un lixeiro incremento, do 0,6 %, concretamente, no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos e, ao peche da sesión, alcanzou os 3.610 $/tonelada.

Destacan especialmente os valores do queixo e do leite desnatado en po. O primeiro rexistra unha suba do 1,8 % e chega a un prezo final de 4.826 $/tonelada, mentres que o segundo aumenta o seu valor un 1,7 % e alcanza a 3.102 $/tonelada. Tamén mellora lixeiramente, un 0,1 %, o leite enteiro en po, que rexistra 3.400 $/tonelada. 

Doutra banda, a manteiga acusou un descenso dun 1,9 % e ao termo da xornada o seu valor estaba nos 4.725 $/tonelada.