O leite spot en Italia alcanza un prezo de 55,67 céntimos

O mes de xuño remata coa confirmación da tendencia alcista do prezo do leite spot no mercado italiano, referencia a nivel europeo. Na cámara de comercio de Verona marca hoxe un prezo de 55,67 euros por cada 100 litros.

Cabe resaltar que os prezos do leite experimentan unha clara subida xeneralizada durante este mes, tanto o importado doutros países da Unión Europea, así como a doutros mercados en Italia. Por tanto, xuño remata con datos positivos con respecto ao valor do leite, cun incremento continuado.