A holandesa FrieslandCampina garantiza un prezo de 56 euros/100 kg para febreiro

A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, garante un prezo do leite de 56,00 euros por 100 kg para o próximo mes de febreiro. O prezo garantido aplícase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVE. As cantidades indicadas aplícanse a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais.

Este mes o valor da proteína é de 855,40 e o da graxa, de 570,26 euros por 100 quilogramos.