A holandesa FrieslandCampina garantiza un prezo de 56,25 €/100 kg de leite aos seus produtores para o mes de agosto

A holandesa FrieslandCampina garantiza un prezo de 56,25 €/100 kg de leite aos seus produtores para o mes de agosto

A industria láctea FrieslandCampina (Países Baixos) anunciou hoxe unha redución de 0,50 € no prezo garantido do leite aos seus produtores para o mes de agosto, que queda en 56,25 €/100 kg.

O prezo integral do leite mantense nos 59,46 €/100 kg, un importe que se basea no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pago adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.

O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades aplícanse a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais. Neste mes, o valor da proteína será de 859,22 euros e o da graxa, de 572,81 euros por 100 quilogramos.