A industria láctea holandesa FrieslandCampina publicou o prezo integral do leite para febreiro, que volve diminuír lixeiramente. A baixada é de 0,50 €/100 kg de leite respecto ao mes anterior, polo que o prezo quédase en 42,71 €/100 kg.
Este importe baséase no prezo garantido, que nesta ocasión é de 39,00 €/100 kg, complementado coa prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pagamento adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.
O valor garantido aplícase a 100 kg de leite con contidos estándar de 3,57 % de proteína e 4,49 % de graxa, sen IVE. As cantidades calcúlanse para unha subministración media de 1.000.000 de kg de leite anuais. A cotización da proteína en febreiro é de 544,54 euros e a da graxa de 435,63 euros por 100 kilogramos.