FrieslandCampina mantén no mes de xullo os prezos do leite

Por terceiro mes consecutivo, a industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, garante un prezo do leite de 43,25 euros por 100 kg. Con esta decisión, continúa paralizada a baixada dos custos do leite no país.

Así, durante o próximo mes de xullo, este prezo garantizado aplícase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVA. Ditas cantidades aplícanse a unha subministración media de 925.000 kg de leite anuais.

O valor da proteína este mes continúa sendo de 660,64 euros por 100 quilogramos, ao igual que o da graxa, que se mantén en 440,43.