FrieslandCampina continúa en setembro co prezo do leite en 62,75 euros

O prezo garantido de FrieslandCampina para setembro do presente ano manterase sen cambios respecto de agosto e queda en 62,75 €/100 kg no leite ecolóxico.

Pola súa banda, o prezo garantido no leite convencional aumentará 1,25 euros respecto de agosto (60 €/100 kg), fixándose en 61.25 €/100 kg. Este aumento inclúe unha corrección positiva por uns maiores prezos de referencia do leite no período anterior. Este mes o valor da proteína é de 982,67 euros, o da graxa 491,34 euros e o da lactosa 98,27 euros os 100 quilos.

O prezo garantido aplícase a 100 kg de leite con contidos estándar de 3,57 % de proteína, 4,42 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades indicadas aplícanse a unha subministración media de 850.000 quilos de leite anuais.

Con base no prezo garantido mensual do leite convencional, un produtor leiteiro membro recibe un prezo do leite, que se basea no contido de graxa, proteína e lactosa do leite fornecido pola explotación en cuestión. A diferenza entre o prezo garantido e o prezo do leite prodúcese pola liquidación de custos fixos de 0,18 euros.