FrieslandCampina aumenta o prezo do leite no mes de decembro

FrieslandCampina garante unha subida do prezo do leite respecto de novembro (62,25 euros) e fíxao en 62,51 € en decembro. O prezo garantido aplícase a 100 kg de leite con contidos estándar de 3,57 % de proteína, 4,42 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades indicadas aplícanse a unha subministración media de 850.000 quilos de leite anuais.

Este mes o valor da proteína é de 1.002,89 euros, o da graxa de 501,44 euros e o da lactosa de 100,29 euros por 100 quilogramos.

O crecemento inclúe unha corrección de prezos positiva debido aos custos de referencia máis altos no período anterior. Cabe destacar que a diferenza entre o prezo garantido e o prezo do leite prodúcese pola liquidación de custos fixos de 0,18 euros.