FrieslandCampina anuncia un prezo de 43,21 €/100 kg para o leite en xaneiro

FrieslandCampina anuncia un prezo de 43,21 €/100 kg para o leite en xaneiro

A industria láctea holandesa FrieslandCampina fixo público o prezo integral do leite aos seus produtores en xaneiro, que continúa a súa tendencia á baixa. O descenso é de 3,50 € por cada 100 quilogramos de leite con respecto a decembro. O prezo queda nos 43,21 €/100 kg.

Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pagamento adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada. Pola súa parte, o precio garantido mantense nos 39,50 €/100 kg.

O valor garantido aplicarase neste 2026 aos 100 kg de leite con contidos estándar do 3,57 % de proteína e do 4,49 % de graxa, sen IVE. As cantidades aplícanse a unha subministración media de 1.000.000 de quilos de leite anuais. A cotización da proteína en xaneiro é de 551,52 euros e a da graxa de 441,22 euros por 100 quilogramos.