Fonterra rexistra un lixeiro descenso no prezo medio dos lácteos

O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos sufriu un leve descenso na xornada de hoxe en Fonterra con respecto á anterior quincena: un -0,7 % menos, ata os 3.255 $/tonelada.

Destacan especialmente os valores do queixo e do leite desnatado en po. O primeiro anota unha subida importante, do 4,5 %, e chega a un prezo final de 4.042 $/tonelada. O leite desnatado en po mellora un 2,3 % e marca este martes 2.724 $/tonelada.

Por outra parte, baixan lixeiramente os prezos da manteiga (-1,6 %) e do leite enteiro en po (-2,7 %), ata os 4.890 $/tonelada e os 2.971 $/tonelada, respectivamente.