Fonterra rexistra a súa sexta poxa consecutiva cos valores en aumento

A neozelandesa poxa de Fonterra pechouse hoxe, de novo, cos valores en positivo. Aínda que o incremento é menos acusado que o de hai quince días, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos segue en ascenso, cun incremento do 1,8 % con respecto os datos anteriores e un prezo medio de venda de 3.614 $/tonelada.

A manteiga é nesta ocasión o ben máis valorado: sobe un 6,2 % e sitúa o seu prezo de venda por encima da 5.000 $/tonelada (concretamente, en 5.028 $/ton). O queixo e o leite enteiro en po anotan ambos un incremento do +2,3 %, deixando o valor do primeiro nos 4.178 $/ton e o do segundo nos 3.458 $/tonelada.

O leite desnatado en po sofre unha baixada do -1,5 % e o seu valor redúcese con respecto á quincena anterior ata os 3.198 $/ton.