Fonterra inicia novembro cunha media de 3.537 $/tonelada

O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos anotou na xornada de onte unha media de 3.537 $/tonelada, un 3,9 % menos que na quincena anterior.

Malia a tendencia á baixa, o queixo e a manteiga melloraron os seus valores. O queixo fíxoo nun 0,9 % e subiu ata os 4.802 $/tonelada, mentres que a manteiga alcanzou os 4.8068 $/t, un incremento do 0,2 %. 

Doutra banda, o leite sufriu un descenso xeral. O leite enteiro en po viu reducido o seu valor nun 3,4 % e ao peche da sesión atopábase nos 3.279 $/t. Pola súa banda, o leite desnatado en po baixou un 8,5 %, ata os 2.972 $/tonelada.