Fonterra comeza 2023 sen grandes cambios

A última poxa de Fonterra en 2022 rexistraba valores lixeiramente á baixa e na mesma liña se fixaron os prezos da primeira sesión de 2023. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos pechouse este primeiro martes de ano en 3.365 $/tonelada, un -2,8 % menos que na anterior quincena.

O descenso máis marcado anotouno a manteiga en po, cun -12,9 % (2.556 $/tonelada). Tamén baixaron os valores da graxa anhidra do leite, un 5,1 % ata os 5.395 $/tonelada, do leite desnatado en po, que reduciu o seu valor un 4,3 %, ata os 2.838 $/tonelada, e do leite enteiro en po, un 1,4 % (3.208 $/tonelada). O queixo viu reducido o seu valor da mesma forma un 2,7 % e fixou o seu prezo en 4.690 $/tonelada.