Fonterra anota un novo e importante incremento nos seus prezos

Mantéñense os datos en positivo en Fonterra. Na poxa de hoxe, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos mellorou un 4,3 % con respecto á poxa anterior e alcanzou os 4.463 $/tonelada. Se comparamos o dato con respecto ao rexistrado hai un ano, a mellora é de case 1 $/tonelada. 

Destacan especialmente os aumentos nos valores do leite enteiro en po e do leite desnatado en po: o primeiro rexistra 4.082 $/t (+5,6 %) e o segundo anota 3.963 $/t (+5,0 %).

Tamén segue en ascenso a manteiga, que sobe un 5 %, ata os 6.158 $/tonelada. Increméntase, así mesmo, o valor do queixo un 1,1 %, e ao peche da poxa acadara os 5.546 $/t.