05-07-2022
O prezo medio descendeu ata os 4.361 $/tonelada en Fonterra, un 4,1 % por debaixo da poxa anterior.
Nesta ocasión, mellorou o valor do queixo, que rexistra unha subida do 1,4 % e chega ata os 4.908 $/tonelada.
En contrapartida, sufriu un forte descenso a manteiga, que baixa un 9,1 % ata os 5.648 $/t. Reducen tamén o seu valor o leite enteiro en po e o leite desnatado en po, que anotan un prezo de 3.961 $/t (-5,2 %) e de 4.063 $/t (-3,3 %), respectivamente.
Porén, facendo a comparativa co mesmo período de 2021 a poxa de hoxe segue sendo marcadamente superior: na primeira quincena de xullo do ano pasado as medias estaban a roldar os 3.900 $/t.