Fonterra abre setembro con medias de 4.007 $/t

Nesta nova xornada en Fonterra, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 4,9 % ata os 4.007 $/tonelada.

Foi especialmente destacable o ascenso no prezo do leite enteiro en po (medra un 5,1 %, ata os 3.610 $/t). Tamén sobe a manteiga ata os 5.369 $/t (+3,3 %), así coma o leite destanado en po e o queixo, que anotan 3.575 $/t (+1,5 %) e 5.046 $/t (+1 %), respectivamente.

Neste caso, a comparativa co ano pasado volve ser positiva: a principios de setembro de 2021 o prezo medio era de 3.927 $/tonelada.