O prezo medio dos lácteos na primeira subasta de marzo en Fonterra quédase nos 3.630 $/tonelada

Hoxe tivo lugar a primeira poxa do mes en Fonterra e o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos situouse en 3.630 $/tonelada, un 2,3 % menos que a quincena anterior.

Porén, cabe destacar o ascenso do prezo medio do queixo que, cunha subida do 4 %, alcanza nesta ocasión os 4.277 $/tonelada. A manteiga descende un 1 % e sitúase nos 6.461 $/tonelada mentres que, pola súa parte, o leite enteiro en po sofre unha baixada do 2,8 % e anota 3.286 $/tonelada. Finalmente, o leite desnatado en po  marca nesta ocasión 2.640 $/tonelada (-5,2 %).