O pasado novembro rexistrou un prezo medio do leite en España de 0,587 €/litro

Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, rexistrou unha nova subida no prezo medio do leite no conxunto estatal en novembro. Desta maneira, pasou dos 0,556 €/litro en outubro aos 0,587 €/litro no exercicio seguinte. No que se refire aos valores no mesmo período do ano anterior, o prezo medio do leite estaba nos 0,362 €/litro.

En canto ao volume de produción mensual, continuou a tendencia á baixa que imperou durante todo 2022. Mentres que en outubro se declararon 587.574 toneladas, en novembro o descenso chegou ás 573.561 toneladas.