O mes de agosto comeza en Fonterra cun prezo medio de 3.100 $/tonelada

A poxa de Fonterra rexistraba onte, primeiro día de agosto, un índice global de prezos do comercio de produtos lácteos de 3.100 $/tonelada, un 4,3 % menos que a quincena anterior. 

O prezo do leite enteiro en po descende un 8 % e anota unha cifra media de 2.864 $/tonelada. O leite desnatado en po marca un prezo de 2.454 $/tonelada (-1,4 %) e o queixo queda en 3.910 $/tonelada (-1,4). Cabe destacar que a manteiga mantén máis ou menos o seu prezo con respecto á poxa anterior, 4.680 $/tonelada (-0,7 %).