O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de febreiro de 2018, no que se recolle un prezo medio do conxunto estatal de 0,329 €/litro, similar ao de xaneiro. Baleares (0,306 €/litro), Aragón (0,315 €/litro) e Galicia (0,316 €/litro) rexistran as cotizacións máis baixas. No outro extremo sitúanse Canarias (0,451 €/litro), Asturias (0,350 €/litro), o País Vasco (0,348 €/litro) e Castela-A Mancha (0,343 €/litro), que son as comunidades mellor pagadas.
DATOS FEBREIRO 2018
O FEGA mostra unha estabilización do prezo medio do leite