Descende levemente o prezo medio do leite en marzo con respecto ao mes anterior

Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, anota un leve descenso no prezo medio do leite no conxunto do país. Deste modo, mentres que en febreiro se fixaba nos 0,603 €/litro, no seguinte exercicio rexistraba 0,595 €/litro. 

En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido en España mantén uns datos similares con respecto a 2022. En marzo deste ano declaráronse 650.003 toneladas, e o ano pasado, tamén no mes de marzo, 652.618 toneladas.

Para concluír, por rexións, Baleares (0,516 €/litro), Galicia e Aragón (0,585 €/litro) e A Rioxa (0,588 €/litro) son as catro comunidades co prezo máis baixo, mentres que Castela-A Mancha e Comunidade Valenciana (0,613 €/litro), Asturias (0,612 €/litro) e Castela e León (0,611 €/litro) conseguen as medias máis altas.