Caen os prezos en Fonterra outro 5 % para abrir o mes de agosto

A primeira poxa do mes de agosto en Fonterra pechouse hoxe cun descenso de cinco puntos porcentuais (-5 %) no índice global de prezos con respecto á última celebrada hai 15 días e o prezo medio de venda dos produtos lácteos queda en 3.913 $/tonelada.

En contra da tendencia alcista que seguía rexistrando onte o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores, publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os prezos dos produtos lácteos na poxa europea caen de maneira importante.

O valor medio do leite enteiro en po, 3.544 $/t, baixou un 6,1 %; o do leite desnatado en po, cun descenso do 5,3 %, chegou aos 3.524 $/t, e o prezo da manteiga diminuíu un 6,1 %, ata alcanzar a 5.194 $/tonelada. O prezo medio do queixo é o que se conseguiu manterse máis cunha media de 4.798 $/tonelada e unha caída mínima do 0,7 %.