Baixan os prezos medios en Fonterra

Redución xeneralizada do valor dos produtos lácteos na poxa de Fonterra. Na xornada de hoxe, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos estaba ao peche da sesión nos 3.723 $/tonelada (baixa un -4,6 % con respecto á quincena anterior).

Descendeu un 6,9 % o prezo do leite enteiro en po, ata os 3.250 $/tonelada, mentres que o leite desnatado en po o fixo un -4,4 %, ata os 3.421 $/tonelada. Baixan tamén notablemente a manteiga, ata os 4.551 $/t (-2,6 %) e o queixo, ata os 4.769 $/t (-3,9 %).