Aumentan en Fonterra os valores da manteiga e do leite enteiro en po

A poxa do día de hoxe en Fonterra rexistrou un leve descenso no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos con respecto á anterior quincena. Así, chegou aos 3.488 $/tonelada, cunha baixada de menos dunha décima (-0,9 %).

Nesta xornada destacou o aumento tanto da manteiga como do leite enteiro en po. Así, a primeira aumentou nun 2,2 % en comparación coa última poxa, e alcanzou os 5.068 $/tonelada. O leite enteiro en po anota 3.244 $/tonelada, cunha suba do 0,3 %. Por outra banda, o leite desnatado en po rexistrou 2.766 $/tonelada (-1,6 %) e, o queixo, 4.407 $/tonelada (-3,4 %).