03-02-2021
Se o cambio dunha sala de muxido a un robot é unha decisión importante en calquera granxa, cando pasas de muxir en sala a máis de 200 animais a facelo con catro robots V300 de DeLaval, como é o caso que presentamos a continuación, o cambio é maiúsculo.
"Apostamos polo muxido robotizado por mellorar o benestar tanto dos animais como o noso", afirma Amadeo Regueiro, propietario de SAT Regueiro Picón (Cerceda, A Coruña). "Este é un traballo de moitas horas pero, ao pasarnos ao robot, podemos facer un horario máis normal", contounos Regueiro na reportaxe publicada en Vaca Pinta 21.
Podedes ler a reportaxe completa nesta ligazón ou ben ver o vídeo sobre estas liñas.