- A exxefa de servizo da Finca de Mouriscade (Deputación de Pontevedra) inicia unha nova etapa profesional ao chegar a un acordo de colaboración co laboratorio americano Rock River para o desenvolvemento da súa actividade en exclusiva para toda España.
- Con sede en Wisconsin (EE.UU), Rock River conta cunha potente rede de laboratorios especializados na análise agrícola por todo o mundo.
María Hermida continuará exercendo o seu labor profesional no ámbito que mellor coñece, o da análise de ensilados e forraxes, pero a partir de agora farao coa nova metodoloxía do Rock River Laboratory Spain.
Que achegan as analíticas de Rock River?
- Axilidade. Para darlles resposta ás demandas do sector, que pide máis rapidez na obtención de resultados. Unha vez procesada a mostra e analizada no NIR, o sistema xera un informe nun tempo medio de 10 minutos.
- Análise da dixestibilidade das fibras e do amidón. María Hermida: “É algo que os técnicos empezan a demandar para sacar un maior proveito das forraxes, coa consecuente mellora económica das explotacións e un maior benestar dos animais”.
- Confianza. Baseada nun potente equipo de profesionais e na colaboración con prestixiosas universidades, como a de Wisconsin ou a de California, para o desenvolvemento de traballos de investigación dos que se desprenden as ecuacións de análise coas que traballan.
PARTICIPACIÓN NA II XORNADA DELAGRO DE FORRAXES E PASTOS
María Hermida será unha das relatoras participantes na II Xornada Delagro de Forraxes e Pastos, que se celebra mañá, o mércores e o xoves en formato on-line e que se poderá seguir en aberto a través da nosa web e páxina de Facebook Vaca Pinta.
María Hermida intervirá o mércores 10 de marzo ás 16.05 h cunha charla sobre novos parámetros e consideracións nas analíticas de forraxes.