DELAVAL EN CASA MARROCO

A importancia dunha boa adaptación

En Vaca Pinta 21 visitamos esta explotación coruñesa propiedade de Perfecto García. Levan pouco máis de medio ano muxindo co seu robot V300 de DeLaval, pero o convencemento e a satisfacción coa decisión de retirar a súa antiga sala de ordeño xa son evidentes. 

"Decidimos empezar por escoller aos 5-10 animais 'máis espabilados' da explotación e ensinámoslles durante un par de días a entrar na máquina. Ao estar en plena campaña, decidimos deixalos ao seu aire, pero, a través do computador, iamos comprobando como, cada día, había sempre algunha asistencia máis, ata chegar a case o 85 % dos animais, é dicir, que a gran maioría entrou na máquina sen que tivésemos que tocarlles", asegura Perfecto.

Podedes ler a reportaxe completa nesta ligazón ou ben ver o vídeo sobre estas liñas.