A automatización, a gran aposta da Gandería Quintián

Trasladámonos ata a parroquia lucense de Friolfe (O Páramo) para coñecer a gandería Quintián, unha das primeiras en instalar un robot de DeLaval e onde recentemente cambiaron ao modelo V300. En Vaca Pinta 27 falamos con Julio López Fernández e Chelo López Rodríguez, propietarios desta explotación que venden de forma directa o seu leite e, desde fai máis dun ano, contan coa súa propia queixería.