Campaña de La marca de los consumidores ¿Quién es el jefe? para celebrar o Día Mundial do Leite

A marca dos consumidores Quen é o xefe? preparou para toda esta semana unha campaña de lives na súa conta de Instagram para dar a coñecer este alimento tan común pero ao mesmo tempo descoñecido: encontros con gandeiros, tour da fábrica que envasa o noso leite, charlas sobre a iniciativa Quen é o xefe? noutros países, diálogo sobre o malgasto alimentario no sector lácteo con Robin Good, receitas de cociña con Slowpastry, conversación sobre nutrición con Tomate o teu tempo, entre outros.

Programa completo

A CADEA DO LEITE

Ademais lanzaron esta cadea do leite en vídeo como mostra do seu apoio ao sector lácteo en España e como humilde reflexo do poder que, como consumidores, temos para construir un novo modelo de consumo máis xusto e responsable.

Se ti tamén apostas por un leite de calidade e un sector rurl vivo, podes enviarlles o teu vídeo para engadilo nesta cadea por mensaxe de Facebook oo whatsapp ao722 50 44 09.