Agroseguro presenta as melloras do Plan 2022 de seguros pecuarios

Agroseguro presenta as melloras do Plan 2022 de seguros pecuarios

Mañá entra en vigor o Plan 2022 de seguros pecuarios, que inclúe 12 liñas gandeiras e 3 acuícolas. Por iso, Agroseguro presentou as principais novidades nun encontro telemático, celebrado o 26 de maio, que contou coa presenza de máis de 250 asistentes de entidades aseguradoras e as súas redes comerciais.

Entre as modificacións, destaca que os gandeiros de vacún de cebo poderán escoller entre tres sistemas de manexo diferentes e con novas agrupacións de razas, o que permitirá unha mellor adaptación do seguro á realidade do sector. Ademais, eliminaranse as bonificacións e recargas para as garantías de vida. Pola súa banda, do seguro de vacún de reprodución e produción resaltouse a súa importancia dentro do seguro agrario, xa que supón o 50 % do capital asegurado nas liñas pecuarias. No caso da liña de ovino e caprino, a principal novidade do Plan 2022 é o incremento de 11 puntos na subvención base que concede ENESA aos gandeiros asegurados.

Durante a xornada, Sergio de Andrés Osorio, director de Produción e Comunicación de Agroseguro, repasou as cifras do Plan 2021, que conta con máis de 380 millóns de animais asegurados (+21 % respecto ao Plan 2020), a cifra máis alta da historia do sistema español de seguros agrarios. O capital asegurado polas máis de 156.000 pólizas subscritas supera os 3.695 millóns de euros (+6 % respecto de Plan 2020).