I Xornadas Técnicas Holstein Genetics en Vila do Conde

I Xornadas Técnicas Holstein Genetics en Vila do Conde

O auditorio da Cooperativa Agrícola  de Vila do Conde acollerá o vindeiro venres 28 de xuño as I Xornadas Técnicas Holstein Genetics.

Baixo o título A importancia da xenética na competitividade das explotacións do futuro, dará comezo ás 14:00 h coa benvida do presidente da Cooperativa, António Balazeiro.

Seguidamente terá lugar unha presentación de Holstein Genetics; logo, Rebekha Mast, directora responsable do programa Tauromax, interpretará as probas xenómicas, e Tony Evangelo, director de Markéting de WWS, abordará os resultados prácticos na evolución xenética.

Por último, Daniel Bello, de Embriovet, falará das tecnoloxías de in vivo e in vitro para os embrións.

Programa completo