Zoetis pon a disposición dos seus clientes o Cultivo en Granxa

Zoetis pon a disposición dos seus clientes o Cultivo en Granxa

Zoetis pon a disposición dos seus clientes a ferramenta de Cultivo en Granxa, un sistema de diagnóstico rápido da causa de mamite que lles axuda aos profesionais veterinarios a tomar decisións baseadas en evidencias co fin realizar un uso racional de antibióticos nas explotacións.

O Cultivo en Granxa permite identificar en 18-24 horas ao axente causal da mamite e elixir de forma áxil o tratamento máis eficaz, baseado sempre en evidencias científicas. Ademais, este proceso desenvólvese na propia granxa, o que permite axilizar a toma de decisións.

Trátase dun medio de cultivo selectivo que permite identificar o crecemento de microorganismos gram positivos (Estreptococos ou Estafilococos na maior parte dos casos), gram negativos (E. Coli, Klebsiella, Serratia) ou ausencia de crecemento, e tomar decisións baseadas neses resultados.

Nota de prensa difundida pola compañía