Zoetis ofrece formación online sobre recría

Zoetis, a través de Especialistas en Novillas, puxo marcha os “Seminarios online para Especialistas en novillas”. Tratarase dun total de seis xornadas dixitais dunha hora de duración cada unha nas que, da man de recoñecidos expertos no sector do vacún de leite, abordarán temas tan interesantes como o manexo da Síndrome Respiratoria Bovino, as últimas ferramentas xenómicas para mellorar a saúde en granxas leiteiras, ou a monitorización do comportamento en vacún leiteiro.

O primeiro dos seminarios celebrarase este venres 24 de abril ás 16:30 horas (hora peninsular) e estará dirixido por Álex Bach.

Máis información e inscricións na páxina web do seminario.