Zoetis continuará os Seminarios Online para Especialistas en Novillas en setembro

Os animais non entenden de crises sanitarias, e gandeiros e veterinarios, entre moitos outros, seguiron traballando durante a pandemia, do mesmo xeito que Zoetis, que, para poder estar máis preto deles, lanzou unha serie de seminario virtuais, entre os que se inclúen os Seminarios Online para Especialistas en Novillas. Todos eles da man de expertos en nutrición, xenética, reprodución, manexo e cun gran coñecemento do mercado do vacún leiteiro.

Os seminarios Online para Especialistas en Novillas pararán en agosto para volver de novo en setembro con máis expertos e temas vinculados á calidade de leite, saúde, manexo e nutrición das xovencas. Mentres tanto, as gravacións destes poden verse na web de Especialistas en Novillas utilizando a dirección de email grabacion@especialistasennovillas.com.

Algúns dos líderes de opinión que participaron son Álex Bach (director da Unidade de Rumiantes do IRTA), Fernando Di Croce (director de Global Genetics Technical Services en Zoetis), Fernando Soberón (xerente da rexión noroeste en Standard Dairy Consultants), Sergio Calsamiglia (catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona), Alfonso Monge (Monge Veterinarios S.L.P.), Isabel Casasús (investigadora na Unidade de Produción e Sanidade Animal da CITA) e Daniel Martínez (veterinario en Embriovet & Embriomarket).