Zoetis continúa con formación para veterinarios de vacún de leite

Zoetis continua coa súa aposta pola formación e información do profesional do sector de vacún de leite. Recentemente, a compañía ofreceu dous novos seminarios online dirixidos a veterinarios especializados nesta área e centrados en dúas das principais materias de interese: o manexo reprodutivo de novillas de leite e o secado das vacas.

Da man do experto Robert Wijma, dos Servizos Técnicos de Rumiantes en Zoetis, o 23 de setembro celebrouse a xornada online "Consideracións fisiolóxicas e económicas no manexo reprodutivo de xovencas de leite", cuxo obxectivo foi mellorar a rendibilidade da granxa reducindo o período improductivo da xovenca.

Por outra banda, o seminario do día 7 de outubro centrouse nas novidades normativas, que moi proximamente chegarán, e a súa repercusión no vacún leiteiro, máis concretamente no manexo do secado das vacas. Este seminario contou coa participación de dous expertos de renome: Alfonso Lago, consultor de DairyExperts Inc. USA, e Demetrio Herrera, consultor de Calidade de Leite de Q-Llet.

Acceso aos seminarios