Zoetis conciencia sobre a importancia da vacinación dos animais e o seu impacto na saúde pública

Zoetis conciencia sobre a importancia da vacinación dos animais e o seu impacto na saúde pública

A empresa de saúde animal Zoetis iniciou a campaña de concienciación Porque che importan, vacina co obxectivo de concienciar a veterinarios, gandeiros e propietarios de animais de compañía sobre a importancia da vacinación dos animais como medida de prevención de enfermidades que, nalgúns casos, ademais poden ser transmitidas ao home.

Na súa misión de ofrecer alternativas aos veterinarios e gandeiros en liña co uso responsable de antibióticos, Zoetis innova en todo o proceso do coidado animal, desde a predición ata os tratamentos farmacolóxicos, pasando pola detección e a prevención.

Máis información no seu comunicado