Zoetis completa a adquisición de Abaxis, líder global en instrumentos de diagnóstico en clínica veterinaria

Zoetis completa a adquisición de Abaxis, líder global en instrumentos de diagnóstico en clínica veterinaria

Unha vez aprobada, o pasado día 31 de xullo, a transacción por parte dos accionistas de Abaxis, Zoetis anunciou a finalización da adquisición desta compañía líder no desenvolvemento, fabricación e comercialización de instrumentos de diagnóstico para servizos veterinarios, por un valor próximo aos 2.000 millóns de USD.

A adquisición potencia a presenza de Zoetis na área de diagnóstico veterinario, unha categoría da industria da saúde animal con aproximadamente un 10 % de crecemento anual no últimos tres anos.

Nota de prensa completa