Zoetis apoia o sector gandeiro tamén a través das súas redes sociais

O carácter estratéxico do sector gandeiro español, capaz de garantir a subministración de alimentos mesmo en situacións tan criticas como a provocada polo COVID-19, ponse máis de manifesto que nunca. En sinal de agradecemento e apoio, Zoetis lanzou estes días a través das súas redes sociais tanto corporativas como naquelas dirixidas ao sector de rumiantes (de cebo e de leite) campañas destinadas a dar as grazas a veterinarios e gandeiros polo seu compromiso e dedicación coa saúde e o benestar animal.