Xesga e Pioneer presentan en Boimorto os resultados dos seus ensaios de millo

Xesga e Pioneer presentan en Boimorto os resultados dos seus ensaios de millo

Xesga e Pioneer convocan para mañá mércores 19 de setembro en Agrociucende (Boimorto) unha xornada de campo na que analizarán as variedades de millo Pioneer.

Durante o día mostrarán os resultados de ensaios de nascencia e produción de diferentes variedades comerciais e experimentais, ademais de presentar os informes do seguemento do cultivo por satélite. 

Os interesados en asistir deben confirmar asistencia con Adrián Varela no teléfono 628 68 41 13.