Xavier Manteca analiza para Boehringer Ingelheim o tratamento da dor en vacas e xatos

Xavier Manteca analiza para Boehringer Ingelheim o tratamento da dor en vacas e xatos

O catedrático do Departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona, Xavier Manteca, participou na 9ª edición da Xornada de Veterinarios de ADS de Galicia, organizada por Boehringer Ingelheim. Durante a súa intervención, abordou a importancia da prevención e o tratamento da dor en vacas e xatos, un problema frecuente nas explotacións gandeiras.

"Hai estudos que suxiren que arredor do 40 % das vacas e dos xatos poderían estar experimentando dor nalgún momento, con consecuencias para o seu benestar e desempeño produtivo", explicou Manteca. Porén, identificar a dor segue sendo un reto. "Non dispoñemos de indicadores bioquímicos e debemos recorrer á observación da conduta, que, se se realiza de maneira sistemática, é válida para cuantificar a intensidade da dor", engadiu.

O uso de analxésicos en animais de produción aínda ten marxe de mellora. "Cada vez se usan máis, pero aínda queda moito camiño por percorrer", sinalou. Ademais de aliviar o sufrimento, estes tratamentos favorecen a recuperación e a produción dos animais, con beneficios tanto para o seu benestar como para os gandeiros.