Webinarios de Kemin sobre formulación en base a aminoácidos

Kemin Animal Nutrition & Health EMENA organizou unha serie de sesións en castelán co fin de afondar no coñecemento e a aplicación práctica da formulación en base a aminoácidos.

Os días 28 de maio e 4 de xuño, ás 10:00 horas, o profesor Sergio Calsamiglia (Universidade Autónoma de Barcelona) compartirá os seus puntos de vista para unha mellor comprensión do papel da lisina e a metionina no equilibrio en aminoácidos e sobre como formular diferentes tipos de dietas. A primeira sesión centrarase no aspecto teórico do equilibrio en aminoácidos, mentres que a segunda abordará os seus desafíos cun enfoque máis práctico.

Haberá unha terceira xornada sobre capacitación práctica local, adaptada ás distintas necesidades de cada zona e centrada na formulación diaria. Para ela, os técnicos de Kemin poranse en contacto cos interesados para poder avaliar correctamente as súas necesidades e o soporte técnico requirido para unha óptima implementación do equilibrio en aminoácidos.

Rexistro para asistir nos seminarios en liña, aquí.